O festival Portamérica dá os seus primeiros pasos, polo menos de fronte ao público. Tras confirmar que a edición de 2018 regresaría á carballeira de Caldas os días 5, 6 e 7 de xullo, os organizadores anunciaron este xoves o nome do primeiras catorce bandas e artistas que subirán aos dous escenarios do festival.
Un ano máis, Portamérica manterase fiel á súa esencia de reunir nun mesmo festival ás principais bandas do indie rock nacional e a grupos e artistas de referencia do outro lado do Atlántico, principalmente Latinoamérica.
Así, o festival confirmou que o cartel de 2018 contará con Izal, La habitación roja, Viva Suecia, Shinova, La pegatina, We Are Standard ou El columpio asesino. Tamén actuarán artistas españois como Neuman e Jacobo Serra.
A Caldas chegarán tamén os chilenos Chico Trujillo, os venezolanos La vida Bohème, os arxentinos Los auténticos decadentes, os mexicanos Mexrrissey e os peruanos We the Lion.
Y las primeras confirmaciones de #PortAmérica 2018 son... pic.twitter.com/ND4tPgO4iL
— PortAmérica (@portAmerica) 14 de diciembre de 2017
A vertente musical completarase, como é habitual, coa oferta gastronómica, recentemente recoñecida como a mellor dos festivais españois.
O ShowRocking volverá reunir unha trintena de recoñecidos chefs de España e América que servirán saborosas propostas culinarias creadas para o propio festival.
Os abonos para o festival Portamérica xa están á venda. Pódense adquirir a través da súa web.