3.700 persoas visitaron a mostra pictórica 'Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló', que concluíu este sábado 18 no Cafe Moderno Afundación, despois de permanecer abertas dende o 28 de xaneiro.
Esta exposición completouse cun programa didáctico dirixido aos centros educativos no que se inscribiron máis de 2.500 estudantes e que motivou a ampliación da mostra, unicamente para público escolar, durante esta semana.
38 pezas gráficas seleccionadas entre os fondos da Colección de Arte de Afundación permitiu ampliar coñecementos sobre a obra dalgúns dos mestres gravadores da arte española do século XX, entre os que destacan Salvador Dalí, Pablo Picasso e Joan Miró.
Desta forma, mostrouse a un Dalí ilustrador de pezas literarias con dúas obras pertencentes a La divina comedia. A mostra deixou constancia, ademais, de como as obras calcográficas de Joan Miró rivalizaron coas pinturas de Dalí en intensidade e beleza. E así se observan na obra seleccionada, Quatre colors aparien o món, ofrecendo unha das obras máis rechamantes da plástica do século XX.
Picasso tamén dende os anos vinte se converteu nun gravador xenial. E a partir dos anos corenta aumentou a súa produción nesta modalidade. En Pontevedra móstranse algúns dos seus principais traballos como a serie de La celestina e La danza.
Como complemento a exposición exhibíronse materiais e utensilios que se empregan en talleres profesionales de gravado nas catro técnicas principais: serigrafía, litografía, xilografía e gravado calcográfico.
Tamén se desenvolve un amplo programa de actividades para nenos de distintas idades a través dos talleres '1, 2, 3... estampa outra vez! ' 'A caixa de ferramentas de Miró' e 'A arte do século XX a través da súa obra gráfica'.