O festival solidario Solifest, organizado pola Asociación Veciñal Breogán e Amencer Aspace, xa ten cartel para a súa segunda edición.
O evento celebrarase no barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía de Arousa, o domingo 13 de abril, de 12:00 a 21:00 horas. O escenario estará na intersección da rúa Camilo José Cela.
O cartel terá dimensión internacional. A peza central será Kevin Weatherill, líder e un dos integrantes de Immaculate Fools.
O GrupoFroallo amenizará coa súa música tradicional o Domingo de Ramos e o Mozo de Arousa Borjamina dará o pistoletazo de saída ás 12:00 horas pinchando música dende o escenario principal. A partir dese momento, haberá un amplo cartel de artistas, grupos e djs.
Completan o cartel DJ Al, Isi Vaamonde, La Yaya DJ, Dani Barreiro, Kris K DJ, Somoza Trio e o Freddie Mercury máis famoso de Galicia caracterizado por Fran García.
O festival tamén repetirá cunha Zona Gastro dirixida por Rubén García e Xoaquín Ameixeiras, que repartirán centos de tapas gratuítas.
Tamén repite Festivaliño On The Roads coa súa Zona Kids.
Como novidade o Salón Gentleman estará na rúa facendo cortes de pelo solidarios.
Desde a organización destacan a enorme demanda por participar nesta segunda edición. “Foron varios os grupos e artistas que quedaron na lista de espera, este ano botamos por fóra e está garantizado un cartel para o ano que vén só contanto aos artistas que quixeron participar e xa non collían para o 2025”.