Cartel "a toda máquina" para o Salón do Libro

Pontevedra
03 de decembro 2012

A ilustradora Almudena Aparicio deseña este cartel inspirado no lema A toda máquina que será o tema central da edición 2013

A XIV edición do Salón do Libro xa ten cartel. A ilustradora Almudena Aparicio presentouno durante o Culturgal. O seu traballo está inspirado no lema A toda máquina, o tema que será central na edición 2013 na que se vai a homenaxear a Marilar Aleixandre.

Almudena Aparicio conta cunha traxectoria de máis de oito anos no mundo da ilustración. Traballou nos libros A casa máis animada do mundo, A araña que non sabía coser e outros traballos publicados en toda España. ÿ membro de AGPI, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración que colaborou desinteresadamente na pasada edición cunha exposición de láminas sobre a superstición.

A idea para a próxima edición do Salón do Libro é que se poña unha maquinaria en marcha de creación e difusión de contos para os máis pequenos.