Carne Cruda volve ao FICBUEU para abrir a súa décima tempada

Bueu
27 de xullo 2018

O espazo radiofónico dirixido por Javier Gallego, que se emite entre outras canles en PontevedraVivaRadio, iniciará o 9 de setembro no Centro Social do Mar unha xira para celebrar unha década de emisión

Programa de Carne Cruda
Programa de Carne Cruda / FICBUEU

O programa radiofónico Carne Cruda volverá a Bueu no marco do Festival Internacional de Curtametraxes FICBUEU.

Este espazo dirixido por Javier Gallego, que se emite entre outras canles en PontevedraViva Radio, realizarase o 9 de setembro desde o Centro Social  do Mar a partir das 18:00 horas marcando o inicio da xira '10 anos, 10 cidades'.

Carne Cruda é un programa de radio crítico e ácido cun gran contido cultural, que conxuga activismo social, política, actualidade, humor e música. Foi galardoado cun Premio Ondas e está financiado principalmente coas achegas da súa audiencia.

As e os oíntes que sexan produtoras e produtores do espazo poderán acceder gratuítamente á actividade se resultan agraciados no sorteo de invitacións, para o que deberán enviar un correo electrónico a [email protected] co asunto "productorficbueu18".

Para o público restante, as entradas online están xa á venda en https://www.ficbueu.com/entradas e poderán trocarse polas entradas físicas no despacho de billetes do Centro Social do Mar a partir do 7 de setembro.