Desde o luns 12 ao domingo 18 de xuño, Vilagarcía converterase en epicentro da actividade literaria coa terceira edición de Vilagarcía Cidade de Libro que leva por lema 'Amor a primeira vista', un evento que promove o Concello e que permite o contacto co público dalgúns dos referentes literarios da actualidade.
Desta forma, autores como Carmen Posadas, Rebeca Stone, Ian Gibson, Rayden, Juan Tallón, Carme Chaparro, Juan Arcones e tamén de escrita galega como María Solar, Andrea Maceiras, Manuel Portas e J.R. Alonso de la Torre conforman o cartel desta edición.
Ademais, aprogramación deste evento contempla firmas de libros; conversacións á tardiña; teatro; animación de rúa; presentación das últimas novidades literarias; e diversas actividades destinadas ao público infantil con propostas de animación á lectura.
Desta forma as mañá dedicaranse ao Literatour, unha ginkana literaria coa participación de escolares dos centros educativos do municipio. As actividades comezarán precisamente co Literatour o luns 12 ás 10.00 horas no Parque Miguel Hernández