O Pazo da Cultura de Pontevedra vestiu as súas mellores galas para vivir este sábado un concerto especial de Carlos Núñez.
O artista vigués, que empeza a converterse en todo un clásico do Nadal na Boa Vila cos seus recitais, celebraba os 25 anos do seu primeiro traballo discográfico, A Irmandade das Estrelas.
Aquel disco levou a música tradicional galega ás listas de éxito, e segue sendo todo un referente agora actualizado con colaboracións con artistas como Rozalén, Iván Ferreiro, Tanxugueiras ou Andrés Suárez.
No seu concerto pontevedrés Carlos Núñez contou coa participación do violinista Jom Pilatzke e da artista Bleuenn le Friec.