Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán despídense en Vilagarcía da aclamada obra "Somos criminais"

O Salnés
06 de outubro 2024
Actualizado: 08 de outubro

"Somos criminais" promete unha hora e media de humor na súa despedida, coa historia de Galicia a piques de vivir o fin do mundo e os capitáns dunha nave espacial, interpretados por Blanco e Touriñán, tratando de salvar o patrimonio galego

Somos crimináis 3, con Carlos Blanco e Touriñán
Somos crimináis 3, con Carlos Blanco e Touriñán /

Os actores e cómicos Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán regresan a Vilagarcía no mes de novembro para presentar o seu exitoso espectáculo "Somos criminais. E punto (final)", co que porán o broche de ouro a un dos proxectos máis aclamados do teatro galego nas últimas décadas.

As representacións terán lugar no Auditorio de Vilagarcía os días 8 e 9 de novembro, sendo a función do sábado ás 20:30 e a do domingo ás 21:00. As entradas, xa á venda, están dispoñibles a través da plataforma Ataquilla.com, con prezos de 18 euros para as zonas A e B, e 15 euros para a zona C. Se non se esgotan, tamén poderán adquirirse na billeteira do auditorio dúas horas antes do inicio sen custo adicional de xestión.

"Somos criminais" promete unha hora e media de humor na súa despedida, coa historia de Galicia a piques de vivir o fin do mundo e os capitáns dunha nave espacial, interpretados por Blanco e Touriñán, tratando de salvar o patrimonio galego.