'Capricornio Un', conspiración espacial para o ciclo 'Entre Tebras'

Pontevedra
20 de febreiro 2020

'Capricornio Un', do director Peter Hyams. Como ven sendo habitual neste ciclo, a sesión comezará este venres ás 19.00 horas na Casa das Campás, con entrada de balde.

Fotograma de 'Capricornio Un'
Fotograma de 'Capricornio Un'

Un vernes máis o ciclo de cinema negro 'Entre Tebras' chega puntual á sua cita coa conspiración e o complot. A cinta escollida para a sesión deste día 21 será o thriller de ciencia ficción estadounidense 'Capricornio Un', do director Peter Hyams. Como ven sendo habitual neste ciclo, a sesión comezará ás 19.00 horas na Casa das Campás, con entrada de balde.

En 'Capricornio Un' asistimos ao lanzamento da primeira misión espacial co obxectivo de aterrar en Marte. Para os televidentes de todo o mundo este hito na historia transcorre con normalidade, pero en realidade os astronautas da nave son evacuados no derradeiro intre e son obligados a recrear o aterraxe nun plató de cine. Cando esta información chega a través dun técnico desaparecido aos oidos de Robert Cauldfield, este xornalista lanzarase nunha perigosa senda para descubrir qué intereses se esconden trala falsa aterraxe.

Trátase esta dunha cinta que bebe directamente da lenda urbá sobre o falso aterraxe na lúa orquestado por Kubrick, e curiosamente sería o seu director, Peter Hyams, o encargado de dirixir a malograda secuela ao clásico '2001: Odisea no espazo'.

Ficha
Título: Capricornio Uno
Director: Peter Hyams
Ano: 1978
País: Estados Unidos
Duración: 124 min.