A Fundación Rac (Rosón Arte Contemporánea) situada na rúa Padre Sarmiento acolle desde este xoves 15 de abril ata o 14 de maio en horario de tarde unha exposición que, baixo o título 'Campo de sementes', mostra as obras do profesorado máis novo e o máis veterano da Facultade de Belas artes.
Trátase dunha selección de traballos de dez docentes nunha mostra comisariada polo decano Xosé Manuel Buxán e por Sara Donoso, historia da arte e xestora artística egresada na facultade pontevedresa, segundo recolle o DUVI.
As creacións pertencen a Xoán Anleo, Covadonga Barreiro, Natividad Bermejo, Marcos Covelo, Basilisa Fiestras, Elena Lapeña, Marina Nuñez, Juan Carlos Meana, Juan Carlos Román y Javier Tudela.
Esta mostra forma parte das actividades organizadas desde Belas Artes con motivo dos 30 anos que se conmemoraron en 2020 do seu nacemento. Entre estas obras pódense observar desde os bodegóns con referencias á pintura española do Século de Ouro, traballos de Román, ata a serie de fotografías de Covadonga Barreiro nas que se observan nubes que se proxectan a través dunha caixa de luz.