Camela saca a bailar a Pontevedra

Pontevedra
22 de agosto 2022

Foron os que máis expectación xeraron e con razón encheuse a Praza de España para o máis multitudinario de todos os concertos da festas da Peregrina, o de Camela

Concerto de Camela
Concerto de Camela

Foron os que máis expectación xeraron e con razón encheuse a Praza de España para o máis multitudinario de todos os concertos da festas da Peregrina, o de Camela.

De entrada gratuíta, os Camela, Ángeles e Dioni, chegaron a Pontevedra no marco da xira na que percorren 'Rebobinando', o disco publicado en marzo de 2019 conmemorando os seus 25 anos de carreira musical.

O público bailou con cancións como 'Sueños inalcanzables', ‘Nunca debí enamorarme’, ‘Lágrimas de Amor’, Háblame de mí’ ou 'Solo por ti', pero as máis celebradas foron 'Sueño contigo' e, especialmente, 'Cuando zarpa el amor'.

Pero tamén houbo queixas, polo mal son durante toda a actuación. 

Ainda así, Camela demostraron que son os reis da tecno rumba que deron o gran salto desde as gasolineiras de todo o país ata converterse nunha icona da cultura popular española.