Caldas e O Grove proxectarán as películas finalistas dos Premios Mestre Mateo

Pontevedra
24 de abril 2023

A Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual achegarán a cinco concellos da provincia, entre eles Caldas e O Grove, as proxeccións das longametraxes de ficción e documentais finalistas dos Premios Mestre Mateoa>

Escena de O corpo aberto
Escena de O corpo aberto / Fasten Films

A Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual achegarán a cinco concellos da provincia, entre eles Caldas e O Grove, as proxeccións das longametraxes de ficción e documentais finalistas dos Premios Mestre Mateo.

A segunda edición do ciclo Mestre Mateo celebrarase entre maio e novembro cunha programación que incluirá o recoñecido como Mellor documental, María Casares, a muller que viviu mil vidas, a Mellor longametraxe de animación, Unicorn Wars e a Mellor longametraxe, O corpo aberto.

Segundo a Deputación, os concellos participantes poderán gozar doutros títulos moi diversos no marco desta programación.

Entre eles, atópanse A foreing song, gañadora dos premios á Mellor longametraxe española, a obra de suspense Código Emperador, o documental No somos nada, o filme de animación Valentinae o documental Onde máis doe.