'Caiuco na fronteira de papel', as fotos de Xacobe Meléndrez Fassbender aterran no Pazo da Cultura

Pontevedra
07 de outubro 2019

A exposición inaugurase o xoves 7 ás 19:30 horas e permanecerá instalada e visitable con entrada libre no horario habitual da Sala ata o 17 de novembro

Fotografía de Fassbender
Fotografía de Fassbender

Xacobe Meléndrez Fassbender, un fotógrafo nado en Honduras, mostrará unha colección de imaxes artísticas a partir deste xoves 7 de outubro ás 19.30 horas na sala de exposicións do Pazo da Cultura.

Trátase de fotos cunha mirada propia na que se entrelaza a metáfora coa poética a través de imaxes sobre humanidade e migración, con escenas crueis que agroman na sociedade actual.

O horario de apertura da sala manterase de martes a venres, de 18.00 a 21.00 horas; os sábados de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas; e os domingos de 12.00 a 14.00 horas. 

A exposición compartirá espazo coa de 'Na beira do río. Diálogos na pintura', a mostra que reúne traballos dos pintores Álex Vázquez e a súa filla Amelia Palacios.