Cabos Soltos abre a inscrición de locais para actuacións en directo

Pontevedra
25 de xaneiro 2023

Este programa municipal conta coa participación de 33 locais que promoven actuacións de bandas de pequeno formato coa intención de crear emprego e fomentar a cultura de base

Concertos de Cabos Soltos
Concertos de Cabos Soltos / Diego Torrado

O Concello de Pontevedra anima os locais de hostalería a que participen no programa Cabos Soltos durante este ano anotándose para participar do programa de eventos culturais.

Segundo indican fontes municipais, o programa conta con 33 locais que promoven actuacións en directo de bandas de pequeno formato e tamén de artistas plásticos, poetas ou monologuistas. A intención do Concello é que este programa actúe como paraugas para realizar actividades culturais e de lecer nos diferentes espazos hostaleiros da cidade para crear emprego e fomentar estes establecementos.

Cabos Soltos posibilita que estes locais ofrezan escenarios para accións artísticas e culturais. Para poder formar parte deste programa é necesario cumprir as condicións e a documentación solicitada.

As persoas relacionadas coa actividade cultural tamén teñen a opción de figurar na base de datos habilitadapara promocionar as súas propostas. Tanto locais como artistas poden inscribirse a través daligazón de Cabos Soltos.