Búscase ilustrador para o cartel do Salón do Libro

Pontevedra
06 de outubro 2017

Cun concurso para ilustradores de todo o mundo, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra buscará o cartel que o acompañará na súa décimo novena edición, que se celebrará na cidade entre os días 6 e 29 de abril de 2018

Ana Luna, miembro de Galix, e Carmen Fouces, concelleira de Cultura
Ana Luna, miembro de Galix, e Carmen Fouces, concelleira de Cultura / Mónica Patxot

Cun concurso para ilustradores de todo o mundo, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra buscará o cartel que o acompañará na súa décimo novena edición, que se celebrará na cidade entre os días 6 e 29 de abril de 2018.

A iniciativa, impulsada polo Concello de Pontevedra, conta coa colaboración da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) que distribuirá as bases do concurso non só entre os seus asociados senón tamén a nivel nacional e internacional.

O Salón do Libro espera que esta idea sexa unha "gran ventana para o mundo" e contribúa á difusión internacional do evento, segundo destacou a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, na presentación do concurso. 

Este I Premio de Ilustración está dotado con 3.000 euros. Ademais, os deseños dos doce finalistas formarán parte dun calendario que se editará coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

As propostas poderanse presentar ata o próximo 5 de novembro. Xunto cunha serie de requisitos técnicos que se inclúen nas bases, o principal requisito é que os carteis deben estar ilustrar a temática do Salón do Libro 2018: Mulleres de conto.

"Agardamos que haxa unha participación importante", sinalou Fouces.

Nesta nova aposta inclúese tamén un cambio na imaxe corporativa do Salón do Libro que, visualmente pasará a ser O Salón, e que busca ser "máis moderna e máis acaída para os tempos que corren".