'Brincabolechas de Verán', diversión para os máis pequenos na Praza de España

Pontevedra
12 de agosto 2013

O espectáculo chega a Pontevedra este martes dentro da programación das Festas da Peregrina. A actuación comezará ás 21:00 horas

Despois do seu paso pola cidade no mes de decembro, Os Bolechas volven a Pontevedra esta vez co seu espectáculo 'Brincabolechas de verán' dentro da programación das Festas da Peregrina.

Os máis pequenos poderán gozar este martes, a partir das 21:00 horas na Praza de España e de balde, dunha actuación dirixida a toda a familia.

Segundo avanzan dende a organización do espectáculo, os irmáns Bolechas (Carlos, Braulio, Pili, Loli, Sonia e Tatá) e o seu can Chispa estarán acompañados no escenario por "uns terroríficos fantasmas que resultarán ser uns personaxes moi queridos para os nenos".

A banda sonora sos Bolechas será parte fundamental da actuación, na que tamén se poderán ver acrobacias ou malabares.

Arquivado en