Os de Algures presentan o seu último espectáculo 'Da Boa Vila a La Habana' que describen como "a expresión cantada da nación histórica".
Terá lugar o vindeiro domingo 24 de novembro no Teatro Principal de Pontevedra, ás 20:30 horas.
Neste espectáculo homenaxean á figura dos homes e das mulleres que fixeron a súa vida na emigración e que deixaron pegada nas artes escénicas, musicais e líricas.
Un recoñecemento a Pondal e a Pascual Veiga, a Curros Enríquez e a José Castro "Chané" e lembrar tamén a Xosé Fontenla Leal como promotores e creadores do Himno galego.
Neste proxecto únense a música coa lírica, a danza e o teatro.
A obra ten de fondo un legado documental importantísimo. Por exemplo, a colección de traxes elaborada pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas.
O espectáculo está deseñado para un público de idade avanzada en especial. Os de Algures pensaron en aqueles que superen os 60 anos e que serán coñecedores de todos os temas musicais do repertorio.
Participarán 88 persoas, entre os que se atopan os integrantes do Coro Vinderel do IES Xunqueira I, a Asociación Cafuné, a escola PonteBaile e o grupo de teatro Argallada.