O ano non empeza do todo en Pontevedra ata que se celebra o concerto de Aninovo.
Este 2025, a habitual cita do primeiro día do ano encheu o auditorio do Pazo da Cultura de espectadores, de tradición e tamén de novidades.
Así, a Orquestra Sinfónica de Pontevedra complementou o seu habitual programa musical co humor do cuarteto galego Píscore.
Descritoscomo "os Luthiers galegos", este cuarteto interpretou diferentes pezas cunha marimba, cunha dose perfecta de humor e elegancia.
Nesta ocasión, a Sinfónica estivo dirixida pola batuta da portuguesa Renata Oliveira, a segunda directora muller en liderar este concerto. Antes xa o fixo Isabel Rubio.
Oliveira, que xa colaborara anteriormente coa orquestra no ciclo Mulleres e Inspiración, dirixiu un repertorio que combinou música clásica con pezas contemporáneas, incluíndo bandas sonoras e os tradicionais valses e marchas propios destas datas.