Urbana Monte Porreiro comezaba este martes coa música de Bejo e de Rebeliom do Inframundo na contorna do miradoiro da urbanización pontevedresa.
Numeroso público asistía a estes dous espectáculos musicais cheos de enerxía e música urbana.
Este mércores 9 chega a quenda de dúas bandas galegas como Lamatumbá e Dakidarría, a partir das 21.00 horas, no mesmo espazo.
Tradición galega, cumbia, reggae, ska, pasodobre, rock e folk subirán ao escenario con Lamatumbá, a agrupación ourensá nada en 1998 e que se converteu en todo un referente musical en Galicia.
Dakidarría ofrecerá ska, punk e moito reggae ao longo da noite para facer saltar aos incondicionais desta banda de Valmiñor.
A entrada é libre e estes concertos forman parte da programación das Festas de Verán do Concello de Pontevedra.