'Baile de historias', a escuridade persegue os protagonistas desta nova historia gráfica de José Malvárez

Pontevedra
16 de marzo 2020
Actualizado: 08 de xullo

É tempo de lectura e José Malvárez Carleos ofrécenos unha nova aventura gráfica, con entregas diarias. Esta historia contén romance, terror e realismo máxico, con debuxos moi coidados e unha liña argumental centrada nunha viaxe

'Baile de historias', de José Malvárez Carleos
'Baile de historias', de José Malvárez Carleos / José Malvárez Carleos

A situación de alerta polo coronavirus obríganos a permanecer illados e a lectura é unha das fórmulas para pasar moitas horas entretidos ao mesmo tempo que se aprende. Nesta ocasión, o autor gráfico galego José  Malvárez Carleos ofrécenos unha nova proposta. Neste caso leva por título 'Baile de historias' e conta cunha ampla extensión movéndose entre varios xéneros como o romance, o terror e o realismo máxico.

En 'Baile de historias', unha moza bailarina viaxa co seu titor de cidade en cidade mentres a escuridade os persegue. Nun destas viaxes entre cidades coñecerá a un mozo carpinteiro a quen lle confesará o seu maior secreto.

JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS

O ilustrador coruñés formouse na cidade de Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.

'Scripta'  e 'Alí onde nacen as estrelas'.

Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través desta ligazón.

Ademais, en novembro de 2019 José Malvárez publicaba en papel o segundo número de Biblioteca Piuley, 'Soñadores', a historia da artista que se pode adquirir nesta ligazón: https://www.amazon.es/Soñadores-Biblioteca-Piuley-Malvárez-Carleos/dp/1686204337/ . Ao longo de 2020, o autor proxecta publicar a edición en papel dos cómics en lingua galega para posteriormente presentalos en diversas feiras.