Atlantic Fest completa cartel con Iceage, Christina Rosenvinge, Yung Beef o Presumido

O Salnés
22 de xuño 2018

Os organizadores confirmaron este venres que Atlantic Fest pecha a súa oferta de concertos con Iceage, Yung Beef, Christina Rosenvinge, Papaya, Presumido, Bifannah, Eva A Xabi B, Rayotaser, Alto Volta, Ghost Beast, Mushu e Maneida

Iceband
Iceband / Iceband

No Atlantic Fest xa están todos. O festival, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xullo na Illa de Arousa, completou o seu cartel. Fíxoo con doce novas bandas e artistas que se suman aos que xa se anunciaran no seu día.

Así, os organizadores confirmaron este venres que Atlantic Fest pecha a súa oferta de concertos con Iceage, Yung Beef, Christina Rosenvinge, Papaya, Presumido, Bifannah, Eva A Xabi B, Rayotaser, Alto Volta, Ghost Beast, Mushu e Maneida.

Ao escenario principal subirán, o sábado 21 de xullo, Kaiser Chiefs, The Vaccines, La Casa Azul, Iván Ferreiro, Rodrigo Amarante, Iceage, Yung Beef e Presumido.

Unha das grandes novidades de Atlantic Fest será o escenario Fest Galicia, polo que pasarán grupos nas que algún ou a totalidade dos seus membros sexan mozas, potenciando a inclusión de bandas femininas no cartel do festival.

O escenario estará situado na zona gastro e terá actividade o día 21 de xullo. Polo pasarán artistas como Christina Rosenvinge presentando o seu máis recente traballo "Un Hombre Rubio", o seu décimo disco en solitario.

Completan o cartel La Prata, os galegos Bifannah, a banda pontevedresa Mushu, formado por novos estudantes da escola Rocklab; Alto Volta, gañadores do concurso Sons Mans; e Eva A e Xabi B, nome co que exercen como DJ Eva Amaral e Xabi Branco  

Os canarios, Papaya, autores dunha das mellores cancións nacionais de 2017 "Ay Mujer", e os galegos Ghost Beast e Maneida completan o cartel para o venres 20 de xullo, sumándose aos xa confirmados D' Valentina, Jay e Soledad Vélez.

Acompañando a Esteban y Manuel no escenario da Praza de Abastos o domingo 22 de xullo estarán Rayotaser, coa súa proposta musical post- tropicalista e cunha intensa choiva de sintetizadores. 

As entradas atópanse xa á venda na web do festival a un prezo de 55 euros.