O verán festivo en Pontevedra non terminará ata finais de setembro.
Á Feira Franca e FERVE, sumarase un terceiro evento multitudinario. Nace Río Verbena, un novo festival de música que promete converterse nunha referencia para os amantes dos ritmos indies e urbanos.
Será o próximo 24 de setembro e nun escenario privilexiado, aos pés do río Lérez. Concretamente, o festival desenvolverase nos antigos terreos de Tafisa.
O Río Verbena busca posicionar a Pontevedra no mapa das grandes producións musicais, apostando por unha coidada programación.
Todos os detalles do Río Verbena Festival serán desvelados mañá en rolda de prensa