Así é "En el Valle de la Perseverancia", a nova curta do pontevedrés Isaac Gulías

Pontevedra
19 de novembro 2023

Isaac Gulías xa ten listo o seu último traballo audiovisual. O realizador pontevedrés púxose á fronte de En el Valle de la Perseverancia, que en breve comezará a distribuírse a través de festivais de cinema por todo o país

Escena de "En el Valle de la Perseverancia"
Escena de "En el Valle de la Perseverancia" /

Isaac Gulías xa ten listo o seu último traballo audiovisual. O realizador pontevedrés púxose á fronte de En el Valle de la Perseverancia, que en breve comezará a distribuírse a través de festivais de cinema por todo o país.

Este traballo, escrito e dirixido por Gulías, conta con Lucía Freire como directora de arte.

O filme transpórtanos á España dos 70 onde un mozo chamado Hugo (Tomás López) pregúntase onde foi o seu avó tras morrer, polo que a súa nai Helena (Ariadna Santana) decide inventar unha historia na que todos os seres vivos deste planeta, tras a súa morte, viaxan a un remoto lugar de Marte chamado o Val da Perseveranza.

Trátase dunha dramática historia sobre a superación, a morte, perspectiva e a familia onde se introducen pinceladas autobiográficas do seu autor, Isaac Gulías.

En el Valle de la Perseverancia foi rodado a finais do mes de abril do 2023 en distintas localizacións de Beariz (Ourense), tras ser presentado á Universidade de Vigo como traballo final de grao por parte dos seus autores.

Ambos contaron coa colaboración de marcas como Larsa ou Galletas Artiach, empresas pontevedresas Boa Vida e Bambú Floristería e outras compañías locais da zona de Cangas como Bricomodo e Decopubli.