As rúas están cheas de animación, música clásica e agora... dez propostas de rock!

Pontevedra
05 de agosto 2020

Pontevedra vívese achega esta semana 'Barullada de Rock'. Desenvolverase entre o xoves e venres en 5 escenarios da cidade

Animación itinerante na rúa
Animación itinerante na rúa / Cristina Saiz

Ás rúas de Pontevedra están cheas de sorpresas agradables. Non é raro que á volta da esquina o cidadán atope un grupo de animación ou que os paseos vaian ao son da música dos grandes compositores da historia da humanidade coas 'Clásicas na rúa'. E agora chegan dez propostas de rock.

O xoves 6 de agosto na praza de Barcelos ás 13:30, o pontevedrés 'Querido Extraño' abrirá un novo ciclo da programación Pontevedra vívese. Trátase de 'Barullada Rock', dedicado especificamente a este estilo musical e que, entre o xoves e o venres, traerá á cidade un total de 10 propostas pontevedresas e galegas. Os concertos desenvolveranse tanto en horario de mañá como de tarde e terán lugar en 5 escenarios: Alameda, praza de Barcelos, pistas de Campolongo, praza da Ferraría, e praza de España.

Programa Barullada de Rock

6 de agosto

  • 13:30h. Praza da Barcelos. Querido Extraño
  • 13:30h. Praza da Ferraría. Thee Blind Crows
  • 20:00h. Pistas de Campolongo. The Bo Derek's
  • 20:00h. Praza da Ferraría. Trompas de Farlopio
  • 22.00h. Praza de España. The Soul Jacket

 

7 de agosto

  • 13:30h. Alameda. Fondo Norte
  • 13:30h. Praza de Barcelos. Agoraphobia
  • 20:00h. Pistas de Campolongo. Pantano
  • 20:00h. Alameda. Moura (este concerto aparece no programa ás 22h pero é un erro)
  • 22:00h. Praza de España. Malkeda

 

Pasarrúas fóra de programa

A maiores das actividades recollidas no programa, realizaranse tres Pasarrúas máis:

  • Sábado 8. Pasarrúas Flashtop polo centro histórico
  • Domingo 9. Pasarrúas da Compañía de Nelson Quinteiro polo centro histórico
  • Domingo 16. Pasarrúas de Olodum do Coio polo centro histórico

 

PROTOCOLO COVID-19

Todas as actuacións de escenario estarán acoutadas, aforadas e co público sentado en función do número de cadeiras que permita cada espazo escénico distribuído pola cidade e os barrios. O aforamento está determinado por estudos previos realizados pola Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, atendendo aos distintos decretos ditados polas administracións estatal e autonómica.

Os 13 espazos escénicos serán previamente desinfectados: cadeiras, escenario, camerinos, zonas de control... Ao remate de cada actuación, volverase a desinfectar. 

A asistencia a todos os espectáculos é de balde, mantendo así a política festiva do Concello de Pontevedra. A entrada ao recinto abrirase unha hora antes para que as persoas que queiran asistir poidan facelo con tranquilidade, sen aglomeracións e garantindo as medidas hixiénico-sanitarias marcadas. En todos os espazos escénicos haberá unha única porta de entrada.

O público deberá pasar, primeiro, por unha alfombra húmida (con produtos desinfectantes) e a continuación por unha alfombra seca. Deberán levar máscara, limpar as súas mans con hidroxel e seguir, en todo momento, as indicacións do persoal de seguridade e dos acomodadores que haberá no espazo acoutado.

Os espectáculos durarán unha hora. O público asistente deberá permanecer sentado todo o tempo, agás para abandonar o recinto.
Ao remate, a Concellaría habilitará dúas saídas en cada un dos espazos, que estarán en lugares opostos á entrada.

 

Arquivado en