A Deputación de Pontevedra adhírese e integrase na Ruta dos Fenicios, un dos Itinerarios Culturais internacionais reconocidos polo Consello de Europa.
A deputada Ana Isabel Vázquez e o director do Itinerario Europeo, o italiano Antonio Barone, asinaron este luns a denominada "Carta de Jaén" na que se marca o nacemento da rede desta Ruta en España. Chámase así por estar a Oficiña de coordinación desta ruta internacional na Universidade de Jaén.
A inclusión da Deputación de Pontevedra na Ruta dos Fenicios foi aceptada tendo en conta os achádegos que se produciron nos xacimentos da Idade de Ferro e que vencellan ás Rías Baixas co mundo fenicio a través de contactos e redes comerciais.
A Ruta dos Fenicios é considerada como o Itinerario da Interculturalidade, da conexión e os intercambios de culturas distintas e distantes.
Con esta iniciativa, a Deputación trata de valorizar o patrimonio e aproveitalo como elemento cultural e, sobre todo, do Turismo Cultural. O obxectivo é valorizar o patrimonio dos lugares con presencia fenicia e desenvolver novos modelos pedagóxicos e turísticos que respondan ás necesidades de intercambio e de turismo cultural de hoxe en día.
A pegada da cultura fenicio-púnica nas Rías Baixas é patente en case todos os xacementos arqueolóxicos investigados. Pero, sobre todo, nos seguintes catro:
- Na Punta do Muiño do Vento, en Vigo (hoxe Museo do Mar) onde se conserva un altar púnico.
- No Monte Facho, en Donón (Cangas), que, como explicou no acto o seu director e membro do comité científico da Ruta dos Fenicios, José Suárez, Mariño, era un santuario fenicio, con altar para ofrendas e mostras de cerámica pintada e outros materiais
- No castro de A Lanzada, que era unha factoría fenicio-púnica, vencellada aos comerciantes do Mediterráneo, de salazón e outro tipo de salgueiras.
- No Monte Castro, en Ribadumia, onde se atopou diversa cerámica dos séculos V ata o I antes de Cristo. Tamén un vidrio con boca de alabastrón que se expón no Museo de Pontevedra. E diversas cerámicas pintadas.
O itinerario cultural Ruta dos Fenicios pasa por 14 países do Mediterráneo e do Atlántico e por máis de 80 cidades de orixe e cultura fenicia de 3 continentes (Europa, Asia e Africa).