Este 2 de abril, ás 8.00 horas, abría o prazo de inscrición para as 'Visitas Cruzadas'.
As cincuenta prazas para a primeira das visitas, que terá lugar durante os domingos deste mes de abril, esgotáronse en menos dun minuto.
Esta é a segunda edición deste programa especialmente deseñado para dar a coñecer as coleccións do Edificio Sarmiento e do Sexto dun xeito diferente ao habitual, da man de diversos personaxes do eido cultural como guías de excepción.
O gabinete didáctico do Museo leva toda a xornada contestando a unha avalancha de solicitudes tras a sorpresa de non quedar ningunha praza pasados dous minutos de abrirse o período de inscrición.
“Esta altísima demanda non só consolida as Visitas Cruzadas como un programa necesario e eficiente para gozar do Museo de xeito participativo e diferente, senón que ademais nos reafirma na importancia de deseñar accións creativas e innovadoras que acheguen público aos espazos museísticos tradicionais” asegura o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, unha vez coñecidos os datos de solicitudes.
O domingo 8 de abril, a música será a protagonista a través dos guías Sés e Xurxo Souto.
Compre lembrar que cada luns, a partir das 8.00 horas abre o prazo de inscrición para a visita do domingo desa mesma semana e deben realizarse exclusivamente vía correo electrónico no enderezo do gabinete didáctico [email protected]