'As peripecias de Extravaganza Pérez' de Ledicia Costas, primeiro libro editado con motivo do Salón do Libro

Pontevedra
13 de novembro 2015

A escritora, que obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defuntaa>, i>elaborou esta obra que aparecerá publicada en xaneiro e servirá de base para a edición do Salón do Libro deste ano dedicado á bichería

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, coa escritora Ledicia Costas
A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, coa escritora Ledicia Costas / PontevedraViva
Ledicia Costas explica que busca en 'As peripecias de Extravaganza Pérez' /

A galardoada escritora Ledicia Costas, premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, converterase na escritora que publique a primeira obra con motivo do Salón do Libro. En xaneiro publicarase 'As peripecias de Extravaganza Pérez', unha obra na que leva traballando durante os últimos meses. 

Esta obra servirá de base para moitas das actividades que se desenvolver dentro da edición deste ano do Salón do Libro dedicado á bichería, que comezará en abril. A protagonista da historia é unha nena "valente e peculiar", segundo a autora, e que ten a particularidade de nacer con lentes e de comunicarse de modo sutil cos animais. 

No mediodía deste venres 13, Ledicia Costas comentaba este proxecto amosando algunhas das ilustracións de Óscar Villán para a publicación, acompañada pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, quen indicou que con esta iniciativa preténdese que cada edición conte cun libro que sirva de referencia para ir creando unha colección de libros.

Publicaranse 4.000 exemplares, que serán para os visitantes do Salón e para os centros educativos. A autora de Escarlatina, a cociñeira defunta manifestou estar a vivir con intensidade este momento despois de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Ledicia Costa móstrase orgullosa por este galardón significativo para a cultura galega.