As librerías de Pontevedra cólmanse de actividades polo Día do Libro

Pontevedra
23 de abril 2018

Con motivo do Día do Libro, os establecementos da cidade organizáronse para ofrecer multitude de eventos para todos os públicos. Recitais, agasallos, sorteos, presentacións de libros e encontros con autores son algúns das actividades que tiveron lugar a xornada de hoxe

Día do Libro 2018
Día do Libro 2018

Este luns 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro e moitas das librerías de Pontevedra uníronse para celebralo.

Ao longo da xornada organizáronse diversos eventos e actividades para todos os públicos, como recitais,encontros con escritores, firmas, sorteos, agasallos. Ademáis, os compradores gozaron dun 10% de desconto.

Na librería Paz preparáronse encontros entre escritores e periodistas e en D-Lectum ofreceuse un aperitivo con vermú e godello aos visitantes e, coma outros locais, sacaron os libros á rúa para animar á xente a botar unha ollada ás novidades.

Na librería Cronopios apuntan que o libro máis vendido na xornada de hoxe foi o de "Las hijas del capitán", de María Dueñas, seguido de "La investigación", de Phil Claudel. Pola compra agasallaron ós clientes cunha flor, agasallo típico de San Jordi, e tamén estrearon unha máquina expendedora de poemas. Ás 19:30 horas organizaron un recital de poesía coa autora Carmen Quinteiro. 

Na librería Seijas organizaron un encontro ás 19:00 horas co escritor e tradutor Chema Heras, e coinciden con outros libreiros en que os exemplares máis vendidos nesta xornada son os destinados ao público infantil e xuvenil e que se mercan, sobre todo, para agasallar.