As camelias do pintor Álex Vázquez enchen de cor o Manuel Torres ata o 23 de febreiro

Marín
15 de febreiro 2020

O paisaxismo e a flor das camelias son o motivo principal desta mostra do veterano pintor vigués no Museo Manuel Torres de Marín. Esta exposición xurdía tras a III Mostra Camelias e Mar na que tamén se amosaron obras do artista

Mostra pictórica de Álex Vázquez no Museo Manuel Torres
Mostra pictórica de Álex Vázquez no Museo Manuel Torres

Ata o domingo 23 de febreiro, as persoas afeccionadas á arte e ás flores teñen a oportunidade de achegarse ata o Museo Manuel Torres de Marín. Neste espazo atópase unha mostra pictórica do artista vigués Álex Vázquez.

Esta semana inaugurábase esta exposición coa presenza da alcaldesa María Ramallo; o presidente da presidente da asociación cultural Amigos do Camiño Portugués a Santiago, Tino Lores; a expresidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

A mostra nacía como continuidade da III Mostra Camelias e Mar que se realizaba en Marín na que tamén se podían contemplar obras do veterano pintor paisaxista.