As bibliotecas municipais de Cambados, O Grove e Soutomaior, galardoadas cos Premios María Moliner

Pontevedra
07 de agosto 2023

O importe total co que foron galardoadas as bibliotecas de Galicia ascende a 41.580 euros a razón de 2.772 euros por biblioteca e proxecto

Unha nena nunha biblioteca
Unha nena nunha biblioteca / Ministerio de Cultura

A Delegación do Goberno informa de que o Ministerio de Cultura vén de premiar 16 proxectos de animación á lectura presentados por bibliotecas públicas municipais de Galicia nos Premios María Moliner deste ano.

Entre elas, foron premiados os proxectos: "Queremos contar" de Cambados; "Una biblioteca de libros y otras historias", do Grove; e "Biblioteca Inclusiva, Biblioteca aprendiendo día a día", de Soutomaior.

Estes galardóns son concedidos polo Ministerio en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e están dirixidos a propostas presentadas por bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. 

O importe total co que foron galardoadas as bibliotecas de Galicia ascende a 41.580 euros a razón de 2.772 euros por biblioteca e proxecto.

O concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías.

O programa presenta unha gran importancia estratéxica no acceso ao libro e a lectura, xa que aproximadamente a metade da poboación española reside en municipios de menos de 50.000 habitantes. O obxectivo da campaña é, seguindo o ideal da propia María Moliner, que calquera lector en calquera lugar poida conseguir o libro que lle interese.