As bandas de música locais piden paso nas Festas de Verán de Pontevedra

Pontevedra
22 de xullo 2020

Sondeaquí. É o nome do ciclo que, a partir deste xoves, súmase ás Festas de Verán de Pontevedra. Os seus protagonistas serán bandas e artistas da escena musical de Pontevedra, que ofrecerán concertos en directo e gratuítos por toda a cidade

Soulmacklein
Soulmacklein / Sala Karma

Sondeaquí. É o nome do ciclo que, a partir deste xoves, súmase ás Festas de Verán de Pontevedra. Os seus protagonistas serán bandas e artistas da escena musical de Pontevedra, que ofrecerán concertos en directo e gratuítos por toda a cidade.

Serán, en total, catro días que comezarán coa actuación de Desconcerto (13.30 horas, nos xardíns da Parda), Queco Lago (13.30 horas, en Barcelos), Rodrigo Valiente (22.00 horas, Barcelos) e Picadoura (22.00 horas, Praza de España).

O venres 24 de xullo será a quenda de Broke Lord, Jacobo Sainz, Flip Corale, Singer Stich e SoulMcKlein; mentres que o sábado día 25 subirán aos escenarios da cidade Larry Booles, Río Verdugo, Brutal, Chroma e Denova.

O ciclo concluirá o domingo 26 con Ghalos de Curral, Calle del Ruido, O Cadelo Lunático e Javier Lago.

Os horarios de cada un dos concertos pode consultarse nesta ligazón.

Todas as actuacións estarán acoutadas, aforadas e co público sentado en función do número de cadeiras que permita cada espazo escénico distribuído pola cidade e os barrios.

Os espazos escénicos serán previamente desinfectados e a entrada ao recinto abrirase unha hora antes para que as persoas que queiran asistir poidan facelo con tranquilidade, sen aglomeracións e garantindo as medidas hixiénico-sanitarias marcadas.

En todos os espazos escénicos haberá unha única porta de entrada e o público deberá pasar, primeiro, por unha alfombra húmida (con produtos desinfectantes) e a continuación por unha alfombra seca. Deberán levar máscara, limpar as súas mans con hidroxel e seguir, en todo momento, as indicacións do persoal de seguridade e dos acomodadores.

Os espectáculos durarán unha hora e os asistentes deberán permanecer sentado todo o tempo, agás para abandonar o recinto.

Arquivado en