Dous ilustres xornalistas serán os próximos invitados pola Escola Naval de Marín. Arturo Pérez Reverte e Manuel Campo Vidal visitarán as instalacións castrenses o próximo mes de novembro para participar en diferentes actos culturais. O primeiro en facelo será o escritor murciano, que chegará a Marín o 11 de novembro; mentres que o presidente da Academia da Televisión fará o propio oito días despois, o martes 18 de novembro.
Arturo Pérez Reverte presentará no salón de actos da Escola Naval Militar, o cadro Caza ao amencer que representa unha das batallas do navío de liña da Real Armada Española "Glorioso" (1740), pintado por Augusto Ferrer-Dalmau e cuxo propietario, un empresario pontevedrés, deixará en depósito temporal na Escola.
Escritor, reportero e membro da Real Academia da Lingua desde 2003, Pérez Reverte é un dos novelistas españois de maior éxito internacional e a súa obra está traducida 41 idiomas. Á súa primeira novela, El maestro de esgrima, seguíronlle éxitos como La tabla de Flandes, El Club Dumas, Territorio Comanche, El capitán Alatriste, La reina del Sur ou El tango de la guardia vieja. En novembro editará o seu novo libro, El francotirador paciente.
Pola súa banda, Manuel Campo Vidal impartirá unha conferencia no salón de actos da Escola Naval Militar, dentro das actividades da Cátedra Almirante Álvarez Ossorio.
Campo Vidal, presidente da Academia da Televisión e director do Instituto de Comunicación Empresarial, presentou máis de 2.000 informativos e programas en Televisión Española e en Antena 3, así como en Hora 25, na Cadena Ser. Foi o encargado de moderar os debates electorais nas eleccións de 1993, 2008 e 2011. ÿ autor de varios libros e actualmente colabora co programa No es un día cualquiera de RNE.