#Aportapechada do Museo amosa como se restaura unha obra artística atacada por insectos

Pontevedra
02 de novembro 2020

A restauradora especialista Mercedes del Campo explica a través das redes sociais do Museo de Pontevedra os procesos que se seguiron para recuperar a obra 'O eterno pelegrín quen xamis atopará a súa Compostela', de Camilo Díaz Baliño 

'O eterno pelegrín quen xamais atopará a súa Compostela', de Camilo Díaz Baliño
'O eterno pelegrín quen xamais atopará a súa Compostela', de Camilo Díaz Baliño / Museo de Pontevedra - Deputación de Pontevedra

Como en todos os inicios de semana, o apartado #Aportapechada do Museo de Pontevedra, dependente da Deputación, ofrece nas redes sociais unha mostra de obras que se atopan nesta institución. Neste primeiro luns de novembro, o espazo céntrase nos traballos de restauración dunha obra pictórica.

A restauradora de pintura Mercedes del Campo mostra como levou a cabo a recuperación do fresco 'O eterno pelegrín quen xamais atopará a súa Compostela', obra de Camilo Díaz Baliño.

Ao longo dun vídeo de máis de oito minutos explícanse os pasos adoptados para recuperar esta pintura doada ao Museo. A obra, pintada, en 1914 ofrece a un home sentado, vestido de peregrino, cun fondo no que figuran cipreses e unha paisaxe de construción relixiosa.

Del Campo explica que inicialmente o equipo de restauración analiza a pintura para comprobar que pasos se deben de seguir. Neste caso, o cadro viña moi escurecido con numerosos puntos negros, pertencentes a excrementos de mosquitos. 

Ao iniciar o traballo desmóntase o marco e o bastidor, que tamén presentaba ataques de insectos xilófagos, que se alimentan de madeira, e se che achegan uns bordos postizos, teas preparadas para traballar sobre a pintura. A partir dese momento elimínase o  varniz  oxidado e vanse realizando diferentes actuacións segundo a cor da obra, calculando ata que puntos  débese actuar na limpeza para que quede completamente restaurada.

A pintura estará a finais de abril de 2021 formando parte da exposición permanente para ser visitadas nas salas do Museo de Ponteverda.