Categórica Produccións subiu este mércores ao escenario da Praza de España con "Shrek o musical", a adaptación do famoso filme protagonizado polo carismático ogro do cinema. Supón a primeira adaptación oficial que a produtora DreamWorks realiza en galego.
Numerosas familias gozaron vendo as aventuras de Shrek e o seu amigo asno para rescatar á princesa Fiona da torre na que leva anos encerrada e custodiada pola temible dragona.
Hubos risas e aplausos a todos os entrañables personaxes de contos de fadas e tamén algún apupo para Lord Farquaad e o seu exército.
Un musical con mensaxe: "a verdadeira fortaleza está na diferenza e na aceptación da propia identidade".