Desde este venres 17 de novembro, o Pazo da Cultura conta cunha 'Cova dos libros fantásticos', unha iniciativa da concellería de Cultura que dirixe Carmen Fouces.
Esta proposta permite habilitar a biblioteca do Pazo converténdoa nunha zona de encontro, xogo e lectura para o público infantil. Neste espazo, os máis pequenos poderán acceder a máis de 3.000 libros de literatura infantil e xuvenil.
Os días establecido para entrar nesta cova son luns e xoves, entre as 17.00 e as 20.00 horas.Os sábados abrirá entre as 10.30 e as 13.30 horas. A entrada é gratuíta, pero resulta obrigatorio asociarse para poder levar libros prestados a casa e para coñecer a programación de actividades.
Neste sentido, o Concello de Pontevedra anuncia que se poñerán en marcha en datas sinaladas encontros con profesionais da ilustración ou con autores literarios. Tamén se desenvolverán obradoiros creativos e sesións de contacontos.
Durante as datas do Nadal permanecerá aberto, agás na primeira semana de xaneiro.