Domingos do Principal chegaba este domingo á conclusión da edición de 2023 coa posta en escena de 'No nos moverán', montaxe da compañía Titiriteros de Binefar, procedente de Aragón.
A proposta escénica ofrecía a historia dun grupo de hippies que deciden iniciar unha nova etapa da súa vida nun pobo que cren abandonado ata que aparece Aurora, a única residente.
Deciden reabrir as casas, habitalas e recuperar a actividade do pobo coa colaboración de Aurora, ata que aparece un grupo de empresarios que queren expulsalos deste espazo.
'Non nos moverán' é un espectáculo musical con monicreques e actores sobre o escenario no que o público familiar participa de xogos e cancións propias da tradición oral.
A obra recibiu o premio Drac d’Or das Autonomías na XXII Feira de Teatro de Titelles de Lleida. Ademais, Titiriteros de Binefar gañou o Premio Nacional de Teatro Infantil e Xuvenil no ano 2009.
A representación é a última de Domingos do Principal 2023, un ciclo organizado polo Concello de Pontevedra e Teatro Akatro que contou con sete espectáculos en dobre sesión e que se iniciaba o domingo 15 outubro con '*Ás para Álex', de Baobab Teatro.