Antonio Carmona, vocalista de Ketama, novidade das Festas de San Roque 2024

O Salnés
07 de xullo 2024

O concerto está previsto para o martes 20 de agosto ás 22.30 horas no parque da Xunqueira con entrada gratuita. O músico granadino presentará en Vilagarcía o seu espectáculo "en familia" recreando unha festa flamenca fusionada con outros estilos

Antonio Carmona
Antonio Carmona / Antonio Carmona

Antonio Carmona é a nova incorporación aos artistas das Festas de San Roque 2024 en Vilagarcía de Arousa.

O cantante granadino subirase ao escenario do parque da Xunqueira o martes 20 de agosto ás 22.30 horas nun recital gratuíto.

Carmona, vocalista da histórica formación Ketama, ofrecerá o espectáculo 'Antonio Carmona en familia' recreando unha festa flamenca cos Habichuela enche de baile, forza e "duende". 

Nos seus temas incorpóranse ritmos latinos e tamén sons máis actuais. 

O compositor realizará un repaso aos éxitos de Ketama e tamén aos seus últimos temas. Entre as súas últimas colaboracións destacan as súas interpretacións con C. Tangana ou con Alex Cuba, no álbum 'Mendo', premiado como o mellor disco de pop latino nos Grammy 2022.

O concerto súmase aos xa confirmados polo Concello de Vilagarcía para estas festas:Guadi Galego, o mércores 14, e Anni B Sweet, o domingo 18 de agosto.