O Concello de Vilagarcía de Arousa confirma que a cantante Anni B Sweet será un dos principais atractivos das festas de San Roque 2024.
O concerto da artista malagueña está programado para o domingo 18 de agosto, ás 22.30 horas.
Celebrarase na Xunqueira e a entrada será libre.
A outra actuación confirmada é a de Guadi Galego, na xornada do mércores 14.
Anni B Sweet leva unha carreira exitosa desde o seu debut no ano 2009 traspasando fronteiras co seu estilo indie con melodías melancólicas. En Vilagarcía estará acompañada pola súa nova banda.
Actualmente traballa na elaboración de temas para un novo álbum, despois da publicación en 2022 de 'Burbuja cómoda y elefante inesperado'.