Os mangas son os cómics tradicionais xaponeses e agora tamén terán unha visión galega grazas ás habilidades da debuxante e creadora Anémona de Río, el alter ego de Aldara Àlvarez García.
A súa primeira obra leva por título 'Tam' e logrou o Premio Fin de Curso 2017 en O Garaxe Hermético, a escola de banda deseñada que dirixe Kiko da Silva. Ten a honra de ser o primeiro manga galego.
'Tam' conta a historia dunha moza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos estudantes. A partir de aí xorde unha trama na que se analizan os ataques ao aspecto físico da muller por parte da sociedade e a influencia tiránica do mundo da moda entre os gustos da mocidade.
A presentación desta obra, editada por Retranca Editora, será este martes 13 na Librería Paz a partir das 19.30 horas. As persoas que asistan recibirán como regalo un póster exclusivo debuxado por Anemone de Río, realizado para este acto. E o 14 de febreiro, con motivo da celebración de San Valentín, as 15 primeiras persoas que reserven a súa cea na pizzería Il Piccolo da cidade tamén recibirán un exemplar de 'Tam' asinado pola autora.