Ana Tijoux, Desakato, Heredeiros da Crus e Rodrigo Cuevas, novas incorporacións ao cartel do Revenidas

O Salnés
09 de marzo 2023

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, inclúe no seu cartel novas figuras da escena musical galega, estatal e internacional 

Festival Revenidas / Arquivo
Festival Revenidas / Arquivo / Festival Revenidas

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, vai completando pouco a pouco o seu cartel. Desde a organización aseguran que seguen coa súa filosfía de incluir figuras destacadas da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas.

Exemplos deste novo avance son nomes de referencia da nova escena latinoamericana como Ana Tijoux; figuras da música de raíz actualizada como o asturiano Rodrigo Cuevas; referentes do rock combativo español como Desakato, que realizará no festival o seu derradeiro concerto en Galicia, Los Chikos del Maíz ou Tropa do Carallo; nomes da nova escena do rap estatal como K1ZA, e da escena emerxente galega, como O Rabelo ou Arrythmia; e bandas que xa son parte da historia da nosa música, como Rebeliom do Inframundo, The Skarnivals, Dakidarría, Lamatumbá e Heredeiros da Crus.

No caso de Dakidarría, aproveitarán o festival de Vilaxoán para celebrar o seu 20 aniversario cun concerto especial con convidados. Ademais, será a volta aos escenarios de Lamatumbá e de Heredeiros, tras o parón provocado pola enfermidad do seu vocalista Javi Maneiro.

Os abonos para os catro días do Revenidas xa están á venda a través da seguinte web a un prezo de 57 euros (+gastos de xestión).