A habitual cita dos martes para a sesión do cineclube terá un carácter especialmente musical, xa que se proxectará a cinta documental ‘Amazing Grace’, sobre a gravación do álbum co mesmo nome da artista Aretha Franklin. Será este martes 3 de decembro á hora e lugar habituais: ás 20.30 no Teatro Principal para unha sesión de cinema que se realizará en versión orixinal subtitulada e terá un prezo de entrada de dous euros.
‘Amazing Grace’ documenta a grabación do álbum en directo que a artista Aretha Franklin, un das iconas do soul e o góspel, realizou en 1972 nunha igrexa baptista en Los Ángeles. O disco foi un gran éxito crítico e comercial, facéndose cun Grammy, a certificación de dobre platino e chegando a ser o traballo máis icónico da artista estadounidense.
Trátase dunha cinta cunha produción problemática, que non se chegou a comercializar o ano da súa gravación ao afrontar problemas técnicos no proceso de posproducción e que durante a última década estivo envolta en litixios coa artista que impedían o seu lanzamento.
Finalmente, tras o seu falecemento en 2018 a familia chegou a un acordo para permitir que esta pequena testemuña da historia da música funcionara como legado da artista.
Ficha
Título: ‘Amazing Grace’
Director: Sydney Pollack
Ano: 2018
País: Estados Unidos
Duración: 87 minutos
Idioma: Inglés