Álvaro Rico, tras rodar 'El jardinero' na Boa Vila: "Pontevedra é unha cidade que me encanta"

Pontevedra
28 de novembro 2024

Da rodaxe da serie en Pontevedra lembra especialmente que "collía a bici e ía ao set", algo que lle resultou "sorprendente" porque en Madrid, a cidade na que reside, "é impensable"

Anuncio das nominaciones dos Premios Feroz 2025
Anuncio das nominaciones dos Premios Feroz 2025 /

O actor Álvaro Rico, que durante tres meses rodou en Pontevedra a serie O xardineiro, que Netflix espera estrear en 2025, volveu este xoves á cidade. Fíxoo para anunciar, xunto á actriz Clara Galle, os candidatos aos Premios Feroz 2025.

Explicou que, desde que soubo que viría de novo a Pontevedra para dar lectura aos candidatos a estes galardóns, "veño dando a murga a todo o equipo de que eu xa estivera aí", nunha cidade que asegurou que "me encanta".

Da rodaxe da serie en Pontevedra lembra especialmente que "collía a bici e ía ao set", algo que lle resultou "sorprendente" porque en Madrid, a cidade na que reside, "é impensable".

Da Boa Vila destacou ademais que "se come de marabilla", algo que agradece porque segundo el mesmo recoñeceu "son un apaixonado da boa comida".

"Que vos vou a contar a vós que sodes de aquí", subliñou Álvaro Rico, que tamén lembrou que a rodaxe de El jardinero levouno por "pobos máis pequenos pola costa" que tamén quedaron entre as súas estampas favoritas deste traballo.

A súa compañeira neste acto dos Premios Feroz, Clara Galle, asegurou que nunca estivera en Pontevedra e que a Galicia "non a teño moi vista e mira que me gusta".

Espera poder traballar pronto en terras galegas porque "me lembra moito á miña casa", a Navarra, o que fai que "sinto moi a gusto aquí".

Ambos celebraron vir a Pontevedra cos Feroz porque "necesitabamos un pouco de respiro de Madrid" e agradeceron que a lectura dos candidatos sexa con público "porque eran moi seguidores do cine e foi bonito ver iso".