Alicia no pais das marabillas e a teoría cuántica

Pontevedra
01 de marzo 2015

Rosana Largo Rodríguez, creadora da exposición ⿿De la ciencia a la ficción⿿, visita o Salón do Libro de Pontevedra

Rosana Largo no Salón do Libro
Rosana Largo no Salón do Libro / Salón do Libro

Estudou Dereito, pero dende hai uns anos a súa vida tomou o rumbo da imaxinación, algo lóxico tendo en conta que os seus pais teñen unha libraría especializada en libros infantís depregabres.

A vallisoletana Rosana Largo Rodríguez visitou esta fin de semana o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, no Pazo da Cultura, onde ela ocupa un lugar privilexiado coa exposición ⿿De la ciencia a la ficción⿿, formada por seis estruturas que representan outros tantos contos clásicos: ⿿Pinocho⿿, ⿿Carapuchiña Vermella⿿, ⿿O mago de Oz⿿, ⿿Os tres porquiños⿿, ⿿Alicia no país das marabillas⿿ e ⿿As viaxes de Gulliver⿿. Este espazo está a ser un dos máis exitosos desta edición da cita coa lectura.

⿿Compagino el mundo del cuento con el de la ciencia⿝, afirma Largo, que explica que, por exemplo, no de Alicia axuda a entender aos nenos a teoría cuántica, mentres que no de Carapuchiña, o do mimetismo e a camuflaxe.

Para iso, a artista utiliza materiais en desuso como o veludo ou camafeos, difíciles de atopar aquí, polo que recorre ao mercado estranxeiro. ⿿La idea es que cada estructura tenga un aire retro para hacer alusión a las épocas barroca y victoriana, en las que los cuentos clásicos tienen su mayor apogeo⿝, sinala.

A perfección de cada peza exposta no Salón do Libro é tal que Rosana Largo recoñece que é preciso un ano para lograr o resultado desexado de cada historia: ⿿Algunas tienen detrás un trabajo muy sofisticado, ya que incluso incorporan poleas para el movimiento⿝. O seu prezo, asegura, pode chegar aos 10.000 euros.

⿿Alicia no país das marabillas⿿, a súa favorita, foi a primeira que realizou, xa con vistas a ser exposta no Museo del Cuento de Valladolid. Dende entón leva creadas preto de 25 deste estilo.

⿿Es una profesión muy agradecida, porque el público es infantil y lo más gratificante es verlos disfrutar⿝, asegura sorrindo mentres a rodean numerosos nenos ante a súa exposición, que se pode visitar no Salón do Libro ata o 28 de marzo.