Alfonso Armada presenta en Vilagarcía a súa crónica sobre Galicia

O Salnés
11 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O xornalista, escritor e poeta estará acompañado pola periodista María Xosé Porteiro e o militar e historiador Luis Gómez Nogueira "Morgan" na presentación de 'Cuaderno de viaje al país natal'. Será este venres 12 ás 20.30 horas na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa

Alfonso Armada presenta a súa crónica sobre Galicia
Alfonso Armada presenta a súa crónica sobre Galicia / Concello de Vilagarcía de Arousa

Alfonso Armada presentará este venres 12, a partir das 20.30 horas na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa o seu último traballo, 'Cuaderno de viaje al país natal', unha crónica sobre Galicia.

Nesta presentación, o xornalista, escritor, dramaturgo e poeta estará acompañado pola xornalista María Xosé Porteiro e polo militar e historiador Luis Gómez Nogueira "Morgan".

Armada naceu en Vigo en 1958. En Madrid estudou xornalismo e tamén interpretación na Real Escola de Arte Dramática. Actualmente é director da revista 'FronteraD' e, durante a súa ampla traxectoria profesional, traballou para El País, encargándose de cubrir conflitos armados en Bosnia ou en Ruanda. 

O xornalista tamén foi delegado de ABC en Nova York e como escritor publicou traballos como 'Sarajevo. Diarios de la guerra de Bosnia' ou 'Cuadernos africanos' ou 'El Celta no tiene la culpa'. Na actualidade é o presidente de honra de Reporteiros sen Fronteiras en España.

'Cuadeno de viaxe ao país natal' defínese como unha longa crónica xornalística, física e emocional sobre a Galicia na que naceu.