Alexander Vórtice avanza cun tráiler a súa vindeira novela futurista

Pontevedra
02 de setembro 2016

'Crónica de un hombre bueno' é a nova novela do ponteved´res, que será presentada nas vindeiras semanas

Promoción do libro 'Crónica de un hombre bueno', de Alexander Vórtice
Promoción do libro 'Crónica de un hombre bueno', de Alexander Vórtice / PonteOnline

Chegou o ano 2061. O inicio da fin se achega e un só ser humano vese como digno salvador dunha purga que fará tremer os alicerces da Terra. Con esta idea, o escritor pontevedrés e colaborador dePontevedraViva, Alexander Vórtice, agora residente en Irlanda, ten en marcha a publicación da súa próxima novela, que levará por título Crónica de un hombre bueno.

Para difundir este novo traballo, a editorial Seleer lanzou un espectacular tráiler promocional con imaxes de CC0 e un ton épico. A realización corre a cargo da tamén colaboradora de PontevedraViva, Milagros Bará.

O libro será presentado publicamente nas próximas semanas.

Fonte: PonteOnline, en Youtube