Este luns inaugurábase na sala de exposicións do Pazo da Cultura a mostra 'Na beira do río. Diálogos na Pintura'. Trátase da novena edición e, nesta ocasión, os protagonistas son Álex Vázquez-Palacios e Amelia Palacios, pai e filla, que ofrecen cadros nos que se ofrece unha perspectiva propia da cidade.
Esta exposición recolle imaxes do río Lérez como centro da cidade. Ambos os pintores demostran o seu particular estilo artístico. Fronte á pincelada curta e vibrante de Álex Vázquez, obsérvase a mancha con veladuras de Amelia Palacios.
Os cadros de ambos están cheos de enerxía e tamén de melancolía. Á inauguración, ademais de numeroso público, asistían o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces.
A mostra pódese visitar de martes a venres, de 18.00 a 21.00 horas. Os sábados, de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. Durante os domingos e festivos, a sala manterase aberta de 12.00 a 14.00 horas. Os luns permanecerá pechada. A clausura será o 17 de novembro.