Alejandra Sampedro trae a Pontevedra o seu 'Mar de crebas'

Pontevedra
11 de febreiro 2016

O próximo venres día 17 de febrero a galería About Art de Pontevedra celebra a inauguración da exposición Mar de crebas de Alejandra Sampedro (Valencia, 1988)

Mar de crebas
Mar de crebas / Alejandra Sampedro

O próximo venres día 17 de febrero a galería About Art de Pontevedra celebra a inauguración da exposición Mar de crebas: zozobra de Alejandra Sampedro (Valencia, 1988).

A exposición, de base escultórica, integra tamén imaxes fotográficas que completan o proxecto con afán de localización.

Todas as obras teñen un nexo común, a creba, concretamente as recollidas no litoral de Cabo Silleiro en Baiona, arredor do Vello Faro onde o avó da artista traballou como fareiro durante anos, e pasa a ser un lugar no que discorren moitos recordos da infancia.