Alberto San Juan pecha cun monólogo as Xornadas da Memoria Histórica

Pontevedra
13 de setembro 2020

Este sábado nas II Xornadas da Memoria Histórica que organiza a Deputación de Pontevedra participaron varios dos integrantes do grupo da avogacía que está levando adiante a querela arxentina en España e en Galcia

Monólogo de Alberto San Juan
Monólogo de Alberto San Juan / Deputación de Pontevedra

Este sábado nas II Xornadas da Memoria Histórica que organiza a Deputación de Pontevedra participaron varios dos integrantes do grupo da avogacía que está levando adiante a querela arxentina en España e en Galicia.

Jacinto Lara subliñou que a loita contra a impunidade do franquismo "non é unicamente unha loita xudicial, xa que está a plantexar un conflito político ao Estado español, que na transición implementou un modelo de impunidade que se consolidou durante 40 anos: É un conflito político", salientou.

Lara avogou por facer reformas lexislativas no ordenamento xurídico español para poder incorporar o dereito internacional que, segundo dixo, está a "presionar de maneira interesante e molesta ao Estado español".

Criticou duramente a sentenza do Tribunal Supremo de 2012 que está a impedir que se xulguen os feitos do franquismo e puxo de relevo como exemplo o acontecido coa declaración indagatoria de Martín Villa, "permanentemente boicoteada dende os xulgados e o Goberno".

Pola súa banda, a xornalista Cristina Fallarás fixo unha exposición crítica do papel dos grandes medios de comunicación de masas no relato da Transición.

Finalmente, xa pola tarde celebrouse unha mesa redonda con Tareixa Navaza; Margarita Ledo; Xurxo Souto e Santi Cortegoso e un monólogo de Alberto San Juan titulado "Autorretrato de un joven capitalista".