O Pazo da Cultura de Pontevedra estrea tempada de teatro. Polo escenario deste recinto pasarán intérpretes veteranos como Emilio Guitérrez Caba, Carlos Hipólito e Malena Gutiérrez, representando 'Copenhague' o médico Marcos Ariel Hourmann e o actor Alberto San Juan que forman parte do reparto de 'Celebraré mi muerte'; Marta Vieira en 'Ana. También a nosotros nos llevará el olvido'; ou actores galegos contrastados como Xosé A. Touriñán, que presentará 'Unha noite na praia' acompañado por Carlos Blanco e que rematará o ciclo cunha dobre representación de 'Fariña', a obra teatral baseada na novela de Nacho Carretero.
O público interesado en asistir a estas sesións conta nesta tempada con tres novos abonos. Abono á carta, Abono 4 e Abono 8 que ofrecen a posibilidade de asistir aos espectáculos a un prezo máis reducido que comprando as entradas por separado. Estes abonos estarán limitados a un máximo de 50.
Con 'Abono á carta', ademais das cinco obras de teatro e a danza, poderán asistir aos concertos de The Jayhawks, o seis de xuño ás 21:00 horas e Guadi Galego e Amigos, o 24 de octube ás 21.00 horas. Abono 4 dá a posibilida de escoller un mínimo de catro dos oito espectaculos por un prezo a partir de 45 euros. Este abono permite engadir máis espectáculos aumentando o prezo do abono. O último, Abono 8, dá acceso a un máximo de oito espectáculos por un prezo de 112 euros.
A tempada de teatro vai desenvolverse nas seguintes datas: 'Celebraré mi muerte', o 29 de marzo ás 21 horas; 'Ana. Tambien a nosotros nos llevará el olvido', o 17 de abril ás 21:00 horas; 'Copenhague', o 16 de maio ás 21:horas; 'Unha noite na praia', os días 19 e 20 de xuño ás 20:30 horas e 'Fariña', os días 11 e 12 de decembro ás 20:30 horas.
Cabe destacar que as obrasUnha noite na praia, interpretada por Xosé A. Touriñan e Carlos Blanco; e Fariña, a obra de Nacho Carretero son reposicións, que volven ao teatro grazas ao seu gran exito nacional.
Os espectáculos tamén inclúen a danza contemporánea, 'No sin mis huesos', que conmemora o cuarto centenario da morte de Miguel de Cervantes. Vai celebrarse o día 3 de marzo.