Alberto Martín Méndez presenta 'El arco iris de más de ocho colores' no IES Sánchez Cantón

Pontevedra
11 de xuño 2024

A presentación será este mércores 12 de xuño na biblioteca do instituto pontevedrés ás 20.00 horas con entrada libre. Alberto Martín naceu en Pontevedra en 1963, doutor en matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, leva anos publicando de maneira esporádica poemas en revistas e suplementos. Neste traballo ofrece textos sobre os medos que provoca o paso do tempo

Alberto Martín Méndez, doutor en Matemáticas e poeta
Alberto Martín Méndez, doutor en Matemáticas e poeta / PontevedraViva

Alberto Martín Méndez é un pontevedrés, doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, que ama a poesía.

En 1988 obtivo un accésit do premio Adonais de poesía co libro 'Biografía de un traficante de no sé', publicado por Edicións Rialp.

Cos anos a súa produción literaria foi máis esporádica e as súas publicacións redúcense a revistas e suplementos mentres desenvolvía a súa carreira profesional. Actualmente é profesor do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo.

Neste 2024 volve á poesía co seu traballo 'El arco iris de más de ocho colores', que será presentado este mércores 12 ás 20.00 horas na biblioteca do IES Sánchez Cantón con entrada libre. O escritor Manuel Pérez Lourido participará na presentación desta obra.

Este poemario divídese en tres secciones: infancia, compañeira e despedida. Nelas reflíctese o amor á vida cun lirismo intenso e, en ocasións, duro e visceral.

O estilo de Martín Méndez ofrece escasos signos de puntuación e non emprega letras maiúsculas nos seus versos, onde se achega ás súas experiencias recollendo loitas e abandonos.

Os medos que provoca o paso do tempo con perdas e recordos expándense por este libro cheo de nostalxia.